De esquerda a dereita: Nerea Varela, Antía Martínez, Sofía Varela e Uxía Viqueira.
De esquerda a dereita: Nerea Varela, Antía Martínez, Sofía Varela e Uxía Viqueira.

26/06/2019 Seguindo co repaso ás competicións desta fin de semana pasamos a falar sobre o Campionato Galego de praia Xuveníl e Xunior que se celebraba este domingo no Ézaro (Dumbría). Os nosos deportistas realizaron un gran campionato, destacando as medaias de:

-Nerea Varela: prata en Bandeiras xuveníl feminino.

-Alejandro Rodríguez: bronce en Ocean xunior masculino.

-Relevo xuveníl feminino: bronce en Rescate tubo, ouro en Relevo sprint, bronce en Rescate con táboa.

Ademáis, coa suma de todos os puntos conseguidos polas nosas deportistas xuvenís femininas obtiveron o trofeo de 3º mellor equipo da súa categoría.

 

Noraboa a todos os nosos xuvenís e xunior, especialmente aos anteriormente nombrados, polo bo papel realizado neste campionato. Agora toca seguir entrenando coa vista posta no Campionato de España que se celebra do 12 ao 14 de xullo en Guipúzcoa.

25/06/2019 O pasado 22 de xuño no Ézaro (Dumbría) o Club Natación Cerceda participou no Campionato Galego cos seus deportistas alevíns, infantís e cadetes. Conseguiron 4 medaias:

-Relevo alevín feminino (composto por Sabela Rodríguez, Nuria Montero, Nerea Fernández e Galia Pérez), bronce en Relevo sprint.

-Xiana Gende, bronce en Bandeiras infantíl feminino.

-Rodrigo Rodríguez, ouro en Carreira con nipper infantíl masculino.

-Uxía Domínguez, bronce en Bandeiras cadete feminino.

 

Felicidades aos medallistas e tamén ao resto do equipo, non só polos resultados obtidos neste Campionato senón tamén por toda a tempada de praia que realizaron. ¡¡NORABOA!!

A selección galega de natación con aletas. No centro, de esquerda a dereita: Andrea, Paula e Cristina
A selección galega de natación con aletas. No centro, de esquerda a dereita: Andrea, Paula e Cristina

24/06/2019 Na xornada de onte rematou o Campionato de España de natación con aletas e as nosas deposrtistas xa se atopan de volta en terras galegas. Estos foron os seus resultados ao longo do campionato:

-Paula Ferradás: 17ª en 25m Apnea e 6ª nas probas 50m Bialetas e 200m Bialetas.

-Andrea Goimil: 13ª en 25m Apnea e 6ª en 50m Bialetas.

Ademáis, as dúas tomaron parte no relevo 4x100m Superficie rematando 5as.

Grandes resultados das nosas deportistas na súa primeira tempada en natación con aletas, rematando entre as 10 primeiras de España na práctica totalidade das probas nas que participaron e mellorando as súas marcas persoais.

 

¡¡NORABOA a ámbalas dúas!!

20/06/2019 Os vindeiros días veñen cargados de competicións xa que na xornada de sábado os alevíns, infantís e cadetes disputan o Campionato Galego de praia no Ézaro (Dumbría) e nesa mesma praia, pero na xornada de domingo, os xuvenís e xunior fan o propio disputando o seu Campionato Galego de praia. Por outro lado, as nosas deportistas Paula Ferradás e Andrea Goimil (xunto coa súa adestradora Cristina) foron convocadas pola selección galega de natación con aletas para disputar o Campionato de España desta modalidade que se celebra este fin de semana en Sant Feliu de Guixols (Girona).

Moita sorte a todos eles, dende aquí informaremos dos seus resultados.

David celebrando a súa medaia de ouro
David celebrando a súa medaia de ouro

11/06/2019 Na xornada dominical 3 dos nosos deportistas máster (Vilariño, Tino e David) disputaron o Campionato Galego de praia en Razo (Carballo). Realizaron un grandísimo campionato, e máis tratándose do primeiro galego de praia para a maioría deles, no que obtiveron dúas medaias de ouro:

-David González en Nadar surf -45

-Jose Manuel Vilariño en Sprint +45

 

Con esta competición poñen punto e final á súa tempada. Noraboa polo traballo realizado ao longo de todo o ano, agora toca descansar para volver con enerxías renovadas en setembro.

Inés no podium coa súa medaia de prata
Inés no podium coa súa medaia de prata

10/06/2019 Este pasado fin de semana celebrouse na praia de Razo (Carballo) o Campionato Galego da categoría Absoluta.

Na xornada de sábado realizáronse as probas de Bandeiras, Carreira con táboa, Rescate táboa, Carreira con ski, Nadar surf e Rescate tubo. O domingo os nosos deportistas participaron en Sprint, Relevo sprint, Ocean e Relevo ocean.

Os resultados máis destacables son:

-Inés Barbeito; medaia de prata en Carreira con táboa.

-Relevo absoluto feminino; medaia de prata en Rescate con táboa (composto por Inés e Marta Padín) e medaia de bronce en Rescate con tubo e Relevo sprint.

 

Xa se atopan na web os resultados e as imaxes deste Campionato.

 

¡¡FELICIDADES a tod@s polo bo papel realizado durante a competición!!

Xiana, Candela e Paula na piscina Parquesol en Valladolid
Xiana, Candela e Paula na piscina Parquesol en Valladolid

20/05/2019 Candela e Paula xa remataron a súa participación no Campionato de España. Estos foron os seus resultados:

-Paula Ferradás: en 100m Rescate aletas, en 100m Socorrista (con un tempo de 1'06"39 que rebaixa o récord galego da proba que ela posuía) e en 50m Arrastre (conseguindo a medaia de bronce nesta proba).

-Candela Gende: finalizou no posto 43 de 72 mellorando a súa mellor marca persoal na proba.

 

 

NORABOA ás dúas por estes resultados, que son o resultado do duro traballo realizado durante toda a tempada.

17/05/2019 Na xornada de hoxe integrantes do noso clube encóntranse viaxando cara Valladolid para disputar este fin de semana o Campionato de España de primavera das categorías infantíl e cadete. Trátase de Paula Ferradás e de Candela Gende que disputarán nestes 2 días as seguintes probas:

-Paula participará en 100m Rescate aletas, 50m Arrastre e 100m Socorrista.

-Candela realizará a proba 100m Socorrista.

Desexámoslle moita sorte nesta competición, dende aquí informaremos dos resultados de ámbalas dúas.

07/05/2019 Este pasado fin de semana celebrouse en Torrevieja (Alicante) o Open internacional para as categorías de maiores. Nesta cita participaron os nosos deportistas Inés Barbeito e Ángel Fraga obtendo estos resultados:

-Inés finalizou 12ª na proba 100m Remolque con aletas e na proba 100m Socorrista.

-Ángel logrou clasificarse para a final B da proba 100m Socorrista rematando 11º. Ademáis, en 100m Rescate con aletas rematou no 12º posto da clasificación e en 200m Supersocorrista finalizou 15º.

Esta foi unha competición de gran nivel, xa que ademáis de reunir aos mellores desportistas españois tamén participaron deportistas de potencias no mundo do salvamento como son Italia, Irlanda, Gran Bretaña ou Sudáfrica.

 

FELICIDADES AOS DOUS POLOS RESULTADOS.

 

01/05/2019 Na sección Resultados atópanse os correspondentes á primeira xornada da liga galega de verán e á II xornada da Copa de España, eventos celebrados este pasado fin de semana.

Paula recollendo a súa medaia de ouro
Paula recollendo a súa medaia de ouro

30/04/2019 Gran actuación de Paula Ferradás na Copa de España de menores onde rebaixou case a totalidade das súas marcas obtendo así unha medaia de ouro na proba 50m Arrastre, 2 cuartos postos e un 5º posto.

Ademáis, conseguíu os récords galegos de 100m Obstáculos, 50m Arrastre e 100m Socorrista. O que a fai posuidora da totalidade dos récords das probas da categoría infantíl feminina.

 

¡Noraboa Paula! Esperamos que sigas obtendo éxitos no Campionato de España de primavera.

25/04/2019 Este sábado comeza a tempada de praia coa celebración da primeira xornada de liga en Laxe.

Ademáis, a nosa deportista Paula Ferradás tomará parte en León na 2ª Xornada da Copa de España de menores realizando as probas: 100m Obstáculos, 100m Rescate con aletas, 50m Arrastre e 100m Socorrista.

¡¡Moita sorte a todos!!

Os nosos deportistas co seu adestrador Beni na piscina municipal de Torrevieja
Os nosos deportistas co seu adestrador Beni na piscina municipal de Torrevieja

03/03/2019 Os nosos deportistas desplazados en Torrevieja remataron hoxe a súa participación no Campionato de España, tras realizar as seguintes probas:

-Sofía Varela: 100 Combinada e 50 Arrastre.

-Marta Padín: 100 Rescate con aletas.

-Alejandro Suárez: 100 Socorrista.

-Miguel Regueiro: 100 Rescate con aletas e 100 Socorrista.

-Inés Barbeito: 100 Socorrista, 50 Arrastre e 100 Rescate con aletas.

-Ángela Pereiro: 50 Arrastre.

-Ángel Fraga: 100 Socorrista, 200 Supersocorrista, 100 Combinada e 100 Rescate con aletas.

-Abel Fraga: 100 Rescate con aletas.

Ademáis, tamén realizaron os relevos de 4x50 Obstáculos, 4x25 Arrastre, 4x50 Combinado e Lanzamento de corda; onde tamén participaron as nosas deportistas Antía Martínez e Uxía Viqueira.

 

De entre todos os resultados destacamos, a nivel individual, a clasificación de Inés para a final A da proba 100 Socorrista onde rematou .

 

Nos relevos, o equipo xuveníl feminino de lanzamento de corda formado por Uxía e Sofía quedou ás portas da medaia ao finalizar cuartas. Nesa mesma proba, o equipo xunior masculino composto por Miguel e Álex remataron quintos.

Outro relevo a destacar foi o 4x50 Combinado absoluto feminino (formado por Sofía, Inés, Marta e Antía)  que remataron nun moi meritorio 6º posto, xa que é un relevo formado por 1 deportista absoluta e 3 xuvenís.

 

¡¡NORABOA A TODOS POLO CAMPIONATO REALIZADO!! Que esta experiencia vos sirva de motivación para continuar a temporada con enerxías renovadas.

 

 

28/02/2019 Hoxe saíron cara Torrevieja (Alicante) os deportistas do noso clube que tomarán parte dende o viernes ata o domingo no Campionato de España das categorías xuveníl, xunior e absoluta, acompañados polo seu adestrador Beni e os pais dunha das nosas deportistas. Na xornada de mañán viaxará o noso deportista Abel Fraga para completar a expedición.

 

Este evento pódese seguir en directo aquí.

Paula coa súa medaia de ouro
Paula coa súa medaia de ouro

11/02/2018 Paula Ferradás proclamouse Campiona de España na proba 50m Arrastre.

 

Na xornada de onte, última do campionato, Paula conseguíu subirse ao máis alto do podio ao realizar un tempo de 39"71, tempo que rebaixa o récord galego da proba que ela mesma posuía. Rodrigo rematou no posto 29.

 

Pola tarde, tanto Paula como Rodrigo disputaron a proba 100m Socorrista rematando 8ª e 17º respectivamente.

 

Felicidades a ambos polos resultados obtidos neste campionato, en especial a Paula polas medaias acadadas.

Paula recollendo a súa medaia de bronce
Paula recollendo a súa medaia de bronce

09/02/2019 Moi bos resultados dos nosos deportistas en Valdemoro. 

Na xornada de mañán disputaron a proba 100m obstáculos onde Paula rematou 4ª quedando a só 12 centésimas de batir o récord galego da proba. Rodrigo rematou de 21 nesta proba.

Na xornada de tarde, na proba 100m rescate de manequín con aletas, Paula conseguíu o bronce ao realizar un tempo de 1'09"94, novo récord galego da proba. Rodrigo conseguíu un moi meritorio 11º posto.

 

Na xornada de mañán disputarán as dúas probas que lles quedan.

 

¡¡Moita sorte de cara á xornada de mañán e noraboa polos resultados acadados!! 

08/02/2019 Os nosos deportistas Paula Ferradás e Rodrigo Rodríguez (acompañados da súa adestradora Cristina e dos seus pais) están viaxando na xornada de hoxe a Valdemoro (Madrid) onde mañán comenzarán a súa participación no Campionato de España infantíl e cadete. Ambos participarán en todas as probas individuais da súa categoría (100m obstáculos, 100m rescate con aletas, 50m arrastre e 100m socorrista).

Dende a aquí informaremos dos seus resultados.

¡¡Moita sorte a ambos!!

05/02/2019 Este pasado fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de piscina das categorías xuveníl, xunior, absoluta e máster.

Os nosos deportistas alí desplazados realizaron unha gran actuación conseguindo cos resultados de todos eles convertir ao noso clube en:

-3º mellor equipo absoluto

-2º mellor equipo xuveníl feminino

-3º mellor equipo absoluto feminino

Ademáis, os nosos deportistas máster foron o 3º mellor equipo máster masculino (2º mellor equipo no rango de idade 30-34).

De entre todos os resultados obtidos destacamos as medaias de:

-Sofía Varela; bronce en 100m Socorrista, bronce en 100m Combinada, bronce en 100m Rescate con aletas e bronce en 50m Arrastre.

-Relevo xuveníl feminino; ouro en lanzamento de corda e bronce en 4x50m Combinado.

-Relevo xuveníl masculino; prata en 4x50m Combinado.

-Miguel Regueiro; prata en 100m Socorrista e prata en 100m Rescate con aletas.

-Relevo xunior masculino; ouro en lanzamento de corda.

-Inés Barbeito; bronce en 100m Socorrista e ouro en 100m Rescate con aletas.

-Relevo absoluto feminino; ouro en lanzamento de corda, bronce en 4x25m Arrastre e bronce en 4x50m Combinado.

-Ángel Fraga; bronce en 100m Socorrista, prata en 100m Rescate con aletas, ouro en 200m Supersocorrista (conseguindo tamén o récord galego).

-Relevo absoluto masculino; bronce en lanzamento de corda.

-Javier Garaboa; prata en 100m Socorrista.

-Relevo máster masculino; prata en 4x25m Arrastre.

 

¡¡FELICIDADES  a tod@s polo campionato realizado!!

 

Parte dos nosos deportistas trala comida
Parte dos nosos deportistas trala comida

21/01/2019 Durante os días 19 e 20 deste mes disputamos en Carballo o Campionato Galego das categorías Alevín, Infantíl e Cadete.

Na xornada de sábado desenvolveuse o campionato infantíl, destacando os seguintes resultados dos nosos deportistas:

-Ouro de Paula Ferradás en 100m Obstáculos.

-Prata de Paula Ferradás en 100m Rescate con aletas.

-Prata de Rodrigo Rodríguez en 100m Rescate con aletas.

-Ouro do relevo infantíl feminino en 4x50m Natación con aletas.

-Ouro de Paula Ferradás en 50m Arrastre (rebaixando o récord galego que ela posuía).

-Ouro de Paula Ferradás en 100m Socorrista (conseguindo o récord galego da proba).

-Prata do relevo infantíl feminino en 4x50m Relevo combinado.

 

Por outra parte, o campionato alevín disputouse na xornada Carla Caramés (prata en 50m Obstáculos e bronce en 25m Arrastre) e a medaia de prata do relevo alevín feminino na proba 4x50m Natación con aletas.

 

Os campionato cadete desenvolveuse ao longo de toda a fin de semana e, a pesar de non conseguir medaias, sí que melloraron a práctica totalidade das súas marcas persoais realizando un magnífico campionato todos eles.

Ademáis, trala suma de todos os puntos obtidos por todos os deportistas durante o campinato, conseguimos os trofeos de mellor equipo infantíl femenino e de 2º mellor equipo alevín feminino.

 

NORABOA polo bo Campionato realizado por todos os nosos deportistas.

Rodrigo, Paula, Ángel e Cristina na piscina do centro de tecnificación Unión Esgueva
Rodrigo, Paula, Ángel e Cristina na piscina do centro de tecnificación Unión Esgueva

28/12/2018 Na xornada de hoxe os nosos deportistas volven de Valladolid, tras rematar a concentración de tecnificación da RFESS. 

20/12/2018 Entre o 26 e o 28 de decembro celebraranse en Valladolid dúas concentracións de tecnificación (unha para infantís e cadetes e outra para xuvenís e xunior) da Federación Española de Salvamento.

A federación galega convocou aos nosos deportistas Paula Ferradás e Rodrigo Rodríguez, xunto coa nosa entrenadora Cristina para participar na concentración de infantís e cadetes.

Ademáis, Ángel Fraga foi convocado pola federación española para a concentración de xuvenís e xunior.

 

Felicidades a todos por esta oportunidade para seguir aprendendo con socorristas de toda España.

09/12/2018 Na mañán de onte o Concello de Cerceda recibíu ao noso deportista Ángel Fraga como recoñecemento aos resultados obtidos no Campionato do Mundo. Acompañando a Ángel estaban os seus familiares, amigos e algúns integrantes do clube.

Ángel, con Inés, na súa chegada ao aeroporto de A Coruña
Ángel, con Inés, na súa chegada ao aeroporto de A Coruña

27/11/2018 O noso deportista Ángel Fraga xa se atopa por terras galegas. Hoxe pola tarde chegou ao aeroporto de A Coruña e unha parte dos integrantes do clube reunímonos xunto á súa familia para darlle unha merecidísima benvida. Ademáis, e a pesar do cansancio, pola noite acercouse ata a piscina para saúdar aos seus compañeiros de clube durante o entrenamento e amosarlles as súas medaias.

Ángel e os seus compañeiros tras rematar primeiros no relevo 4x50m Combinado
Ángel e os seus compañeiros tras rematar primeiros no relevo 4x50m Combinado

25/11/2018  Ángel Fraga proclamouse campión do mundo en Australia.

Ángel e os seus compañeiros de selección Raúl Marek, Iván Amillo e Albert Mateu remataron a súa participación no mundial de forma inmellorable ao rematar primeiros no relevo 4x50m Combinado. Anteriormente, conseguiron tamén unha medaia de bronce no relevo 4x25m Arrastre polo que o noso deportista volverá á casa con dúas medaias mundialistas. 

Por se isto fora pouco, a nivel individual, na xornada matinal conseguíu clasificarse para a final A de 100m Rescate con aletas co séptimo mellor tempo (51"00) parando pola tarde o crono en 51"22 co que conseguíu un magnífico 6° posto na proba.

 

¡NORABOA ÁNGEL! Desfruta moito desta marabillosa recompensa que pon o broche a unha inmellorable tempada. 

 

24/11/2018 Chegáronnos moi boas noticias dende Australia, Ángel Fraga rematou 6º na proba 100m Socorrista. Na xornada vespertina clasificouse co 7º mellor tempo (56"80) para a final A onde realizando un tempo de 57"46 se alzou co sexto posto mundialista. Ademáis, como integrante dos relevos de 4x50m Obstáculos e do relevo de corda rematou en ámbolos dous.

 

Na xornada de hoxe, a derradeira, tomará parte nas probas 100m Rescate con aletas, 4x25m Arrastre e 4x50m Combinado.

 

Noraboa por eses magníficos resultados e moita sorte nesta última xornada de competición.

Ángel na piscina na que competirá no Mundial.
Ángel na piscina na que competirá no Mundial.

23/11/2018  Na madrugada de hoxe Ángel comeza a súa participación no Mundial de Salvamento que se está a disputar en Adelaida (Australia). A partir das 12 da noite comezarán as eliminatorias e a partir das 6 da mañán do sábado a sesión de finais. Participará nas probas 4x50m Obstáculos, relevo de corda e 100m Socorrista.

 

Dende aquí desexamoslle moita sorte, agardamos que o duro traballo realizado obteña a mellor das recompensas.

16/11/2018 Na xornada de hoxe o noso deportista Ángel Fraga atópase viaxando cara Adelaida (Australia) para particicipar coa selección española no Campionato do Mundo de salvamento. Dende a páxina informaremos dos seus resultados.

¡Moita sorte Ángel!

12/11/2018 Dende hoxe atópanse na nosa web os resultados correspondentes á 1ª xornada da liga norte de salvamento e á 2ª xornada, que se celebrou no día de onte en Arteixo. 

27/10/2018 Mañán comezará en Carballo a tempada de piscina 2018/2019 coa celebración da 1ª xornada de liga. Os alevíns, infantís e cadetes competirán pola mañán e as categorías de maiores (xuvenís, xunior e absolutos) competirán pola tarde.

16/10/2018 Dende hoxe están dispoñibles na web o calendario e as normativas de competición correspondentes a esta tempada.

03/10/2018 O noso deportista Ángel Fraga foi convocado coa selección española de salvamento para participar no Campionato do Mundo xunior que se celebrará en Australia. Noraboa por esta merecidísima recompensa a todo o traballo realizado. Agardamos que desfrute moito da experiencia e que realice un gran papel neste campionato.

Ana e Ángel unha vez rematada a competición en piscina
Ana e Ángel unha vez rematada a competición en piscina

25/09/2018 Noraboa á selección galega de salvamento que rematou en 3ª posición no Campionato de España por CCAA, por detrás de Cantabria e de Castilla la Mancha; a esto contribuíron os nosos deportistas Ángel Fraga e Ana Muíño cos seguintes resultados:

 

-Ana Muíño: participou nas probas individuais de 100m Socorrista (onde rematou ) e 100m Rescate con aletas (acabando tamén ). Ademáis, conseguíu unha medaia de bronce como integrante do relevo 4x25m Arrastre. O equipo feminino rematou en 3ª posición logo da suma de todos os puntos acadados.

 

-Ángel Fraga: participou nas probas individuais de 100m Socorrista (onde rematou ), 100m Rescate con aletas (rematou 6º e conseguíu, con un tempo de 51"68, batir o récord de España xunior) e 200m Supersocorrista (acabando 5º e realizando 1'22"05, conseguindo así os récords galegos xunior e absoluto da proba). Ademáis, conseguíu alzarse co 3º posto no relevo de tubo de rescate na praia.

 

¡¡Moi bo campionato!!

21/09/2018 Mañán comeza en Carballo o Campionato de España por Comunidades Autónomas, no que participan dous dos nosos deportistas (Ana Muíño e Ángel Fraga) coa selección galega. Na xornada de mañán disputarán as probas de piscina e na xornada dominical as probas de praia no Ézaro (Dumbría).

Ángel e Inés coas súas respectivas medaias
Ángel e Inés coas súas respectivas medaias

20/09/2018 Hoxe cúmprense 4 anos dende que a nosa deportista Inés Barbeito conseguira a primeira medaia dun deportista galego nun campionato do mundo en salvamento, e qué mellor maneira de celebralo que xunto ao novo medallista internacional do clube, Ángel Fraga, coa seu bronce en 4x50m Obstáculos.

 

¡¡¡NORABOA!!!

17/09/2018 O noso deportista Ángel Fraga xa se atopa por terras galegas. Na tarde-noite de onte, algúns dos integrantes do clube reunímonos coa súa familia, no aeroporto de Santiago de Compostela, para darlle unha merecidísima benvida.

Os integrantes da selección española campiona de Europa (Foto da RFESS)
Os integrantes da selección española campiona de Europa (Foto da RFESS)

15/09/2018 A selección española xunior proclamouse Campiona de Europa en Irlanda.

 

Noraboa a tod@s os seus integrantes, en especial a Ángel, que cos seus bos resultados no campionato tamén contribuíu ao mellor resultado na historia do salvamento español.

 

Por outro lado, hoxe comezaron os entrenamentos de cara á tempada 2018/2019 na piscina de Cerceda.

12/09/2018 Na xornada de onte seguíronnos chegando boas novas de terras irlandesas. Ángel competía na proba 100m Rescate aletas finalizando nun moi meritorio 6º posto.

Tras esta xornada acaba a súa participación no Campionato de Europa xa que non competirá nas probas de praia. Agora toca seguir desfrutando do campionato e axudar ao resto do equipo.

O equipo de 4x50m Obstáculos no 3º caixón do podium (Foto da RFESS)
O equipo de 4x50m Obstáculos no 3º caixón do podium (Foto da RFESS)

10/09/2018 Ángel Fraga conseguíu unha medaia de bronce na proba 4x50m Obstáculos, como parte do equipo formado tamén por Albert Mateu Planells, Iván Amillo Escobedo e Raúl Marek Szpunar Rosa.

Tamén nun relevo, no de 4x25m remolque de manequín, se quedou á portas de medaia ao rematar 4os.

Por outro lado, na proba 100m Socorrista rematou 7º de Europa.

Uns moi bos resultados do noso deportista na súa primeira xornada de competición. !FELICIDADES por ese bronce!

09/09/2018 O noso deportista Ángel Fraga xa se atopa en terras irlandesas onde mañán comezará a súa andanza no campionato de Europa xunior disputando as probas: 4x50m Obstáculos, lanzamento de corda, 100m Socorrista e 4x25m remolque de manequín.

 

Dende aquí desexámoslle a mellor das sortes. Iremos informando dos seus resultados.

08/09/2018 Hoxe comeza Ángel a súa aventura no Campionato de Europa partindo cara a Madrid e de aí a Barcelona. Na cidade catalana pasará a noite toda a expedición española, partindo na xornada de mañá cara Irlanda.

17/08/2018 Na xornada de hoxe coñecemos unha gran noticia: a convocatoria de Ángel Fraga coa selección española para disputar o Campionato de Europa xunior que se celebrará entre o 10 e o 15 de setembro en Irlanda.

 

NORABOA ÁNGEL!! Agardamos que desfrutes moito desta magnífica recompensa.

08/08/2018 Comezamos o día cargado de boas noticias.

O noso deportista Ángel Fraga está entre os preseleccionados para acudir coa selección española ao Campionato do Mundo que se celebrará en Australia en novembro. Dos 8 deportistas masculinos preseleccionados acudirán finalmente un máximo de 5, entre os que agardamos que se encontre Ángel.

Ademáis, os días 22 e 23 de setembro celébrase en A Coruña o Campionato de España de CCAA e dous dos nosos deportistas foron convocados coa selección galega: Ana Muíño e Ángel Fraga.

 

¡FELICIDADES rapaces!

Vilariño recollendo a súa medaia de bronce
Vilariño recollendo a súa medaia de bronce

23/07/2018 Celebrouse os días 21 e 22, na praia do Ézaro (Dumbría), a última competición desta tempada no calendario galego. Os absolutos e máster disputaron os seus respectivos campionatos galegos.

 

No campionato absoluto, os nosos deportistas conseguiron 3 medaias:

-Plata en tubo de rescate absoluto feminino; equipo composto por Sofía Varela, Ana Muíño, Ángela Pereiro e Nerea Varela.

-Bronce en tubo de rescate absoluto masculino; equipo composto por Miguel Regueiro, Ángel Fraga, Abel Fraga e Álex Suárez.

-Bronce en relevo de sprint; equipo composto por Sofía Varela, Nerea Varela, Ángela Pereiro e Ana Muíño.

 

No campionato máster o noso único deportista participante foi José Manuel Vilariño, o cal realizou un magnífico campionato conseguindo un 4º posto en sprint +45 e unha medaia de bronce en carreira con ski +45.

 

¡Moi bo campionato e moi boa tempada! Felicidades polos logros acadados por cada un esta tempada, agora toca desfrutar dun merecido descanso.

17/07/2018 Este pasado fin de semana o CNC participou en Dumbría no Campionato de España xuveníl e xunior.

Os deportistas que ata alí se desplazaron foron:

-Antía Martínez

-Marta Padín

-Nerea Varela

-Sofía Varela

-Uxía Viqueira

-Álex Suárez

-Alejandro Rodríguez

-Miguel Regueiro

-Ángel Fraga

-Jesús Rodríguez

 

Nesta ocasión non conseguiron ningunha medaia, a pesares de realizar todos un bo campionato.

¡Noraboa!

 

Todo o equipo en Laxe
Todo o equipo en Laxe

09/07/2018 Durante o sábado e o domingo participamos en Laxe no Campionato de España Infantíl e Cadete de praia.

Participaron a práctica totalidade dos nosos deportistas cadetes e infantís realizando todos un bo campionato.

Destacamos o 4º posto do relevo infantíl feminino en sprint e a medaia de bronce que conseguíu Rodrigo Rodríguez en carreira con táboa.

 

Tras esta competición poñen punto e final a esta tempada. Esperamos que desfruten moito do verán e volvan con enerxías renovadas en setembro.

 

NORABOA polo traballo realizado rapaces.

19/06/2018 O pasado 17 deste mes celebrouse na praia de Laxe o Campionato Galego de verán das categorías Xuveníl e Xunior. Os deportistas do noso clube que participaron foron os seguintes:

-Nerea Varela

-Lucía Boquete

-Noelia Gestal

-Alejandro Rodríguez

-Ángel Fraga

-Miguel Regueiro

 

Dos resultados obtidos por todos eles destacamos a medaia de bronce de Nerea Varela en bandeiras.

¡¡Noraboa a tod@s!!

18/06/2018 Este sábado tivo lugar en Laxe o Campionato Galego de verán das categorías Alevín, Infantíl e Cadete.

 

O noso medalleiro foi o seguinte:

-1 ouro de Paula Ferradás en carreira con nipper.

-3 platas; Paula en bandeiras, Rodrigo Rodríguez en carreira con nipper e o relevo infantíl feminino en rescate con tubo.

-1 bronce de Paula en nadar surf.

Ademáis, Paula Ferradás proclamouse mellor deportista infantíl feminina trala suma dos resultados deste campionato. 

 

NORABOA pola tempada realizada ata o momento, dentro de 3 semanas poñerán o broche final a esta tempada participando no Campionato de España, tamén en Laxe.

 

29/05/2018 Están dispoñibles os resultados da 3ª xornada da liga de verán que se celebrou en Laxe o pasado 26 de maio.

10/05/2018 Este pasado fin de semana celebrouse en Madrid o Open de primavera para as categorías de maiores que este ano coincidíu coa 1ª edición da Copa de Europa de salvamento. Nesta cita tomou parte o noso deportista Ángel Fraga conseguindo grandes resultados:

-Na xornada de sábado realizou a proba 100m Socorrista conseguindo clasificarse para a final C da sesión vespertina. Nesta final realizou un tempo de 56"37 obtendo así un 3º posto na proba e unha rebaixa no récord galego que él mesmo posuía.

-Na xornada de domingo tamén logrou clasificarse para a final C da proba 100m Rescate con aletas finalizando nun meritorio 4º posto.

 

¡Noraboa Ángel!

30/04/2018 Están dispoñibles os resultados da 2ª Xornada da liga de verán que se celebrou en Sanxenxo o 28 de abril.

16/04/2018 Na sección Resultados están dispoñibles os correspondentes á 1ª xornada da tempada de praia.

 

15/04/2018 Noraboa para Ángel Fraga que no día de onte rematou 1º nas dúas probas realizadas durante a III Xornada da Copa de España; ademáis, trala suma de todos os puntos acadados durante a Copa, converteuse en Campión de copa de ámbalas dúas probas.

13/04/2018 Mañán dará comenzo en Sanxenxo a tempada de praia de salvamento e socorrismo. Pola mañán competirán as categorías de maiores e pola tarde os infantís e cadetes.

 

Ademáis, o noso deportista Ángel Fraga competirá tamén mañán en Valladolid na 3ª e última xornada da Copa de España realizando as probas 100m Socorrista e 100m Rescate con aletas.

 

De dereita a esquerda: Ana, Inés, Ángel e Miguel
De dereita a esquerda: Ana, Inés, Ángel e Miguel

21/03/2018 Bos resultados de Ana Muíño e Angel Fraga o pasado sábado en Ourense na Copa Galega e II xornada da Copa de España de maiores.

 

Na xornada de mañán realizaron a proba 100m Socorrista onde Ana rematou segunda a nivel galego e 7ª na clasificación xeral absoluta; Ángel pola súa parte rematou tanto na copa galega como na clasificación xeral da súa categoría (xunior).

Na xornada de tarde participaron na proba 100m Rescate con aletas. Ámbolos dous subíronse ao segundo caixón do podio da copa galega; Ana rematou 6ª na clasificación xeral absoluta e Ángel 1º na clasificación xeral xunior.

 

¡¡A seguir traballando así de ben!!

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Marta, Antía, Rodrigo, Andrea, Paula e Daniela
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Marta, Antía, Rodrigo, Andrea, Paula e Daniela

12/03/2018 Moi bo papel dos nosos deportistas este sábado en Caldas de Reis.

-Paula Ferradás: rematou 1ª na copa galega na proba 50 m Arrastre (rebaixando o récord galego que ela mesma tiña) e 3ª na clasificación xeral da copa de España.

-Andrea Goimil: rematou 1ª en 100 m Rescate con aletas e 3ª en 100 m Socorrista, 2ª e 10ª na copa de España, respectivamente.

-Rodrigo Rodríguez: conseguíu alzarse co primeiro posto nas dúas probas nas que participou (100 m Rescate con aletas e 100 m Socorrista); 3º e 2º na clasificación desta xornada da copa de España.

-Marta Padín: subíu ao último caixón do podium ao rematar 3ª na copa galega e 9ª nesta xornada da copa de España.

-Antía Martínez: quedou moi cerca do podio galego ao rematar 4ª en 100 m Rescate con aletas, 10ª na clasificación xeral.

 

NORABOA A TOD@S ELES

 

09/03/2018 No día de mañán 5 dos nosos deportistas participarán en Caldas de Reis na 1ª edición da Copa Galega de menores que coincide coa II Xornada da Copa de España de menores, polo que competirán, non só con deportistas galegos, senón de toda España. 

Estes deportistas e as probas nas que tomarán parte son:

-Antía Martínez; en 100 m Rescate aletas

-Marta Padín; en 100 m Rescate aletas

-Paula Ferradás; en 100 m Rescate con aletas e 50 m Arrastre de manequín pequeno

-Andrea Goimil; en 100 m Rescate con aletas e 100 m Socorrista

-Rodrigo Rodríguez; en 100 m Rescate con aletas e 100 m Socorrista

 

Dende aquí informaremos dos seus resultados. ¡Moita sorte chicos!

Ana, Beni e Ángel na piscina municipal de Torrevieja
Ana, Beni e Ángel na piscina municipal de Torrevieja

25/02/2018 MOITAS FELICIDADES a Ángel Fraga que voltou a proclamarse SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA, desta vez en 100m Rescate con aletas, quedando moi cerca do 1º posto e parando o crono en 49"98; este tempo rebaixa os récords galegos xunior e absoluto que él mesmo posuía.

Ana Muíño na xornada matutina conseguíu clasificarse para a final ao realizar un tempo de 58"03. Na final parou o crono en 1'01"89 rematando nun moi meritorio 6º posto.

 

Noraboa a estes grandes deportistas que son o exemplo de que o esforzo ten a súa recompensa.

Ángel no podium da proba 100 m Socorrista Xunior masculino
Ángel no podium da proba 100 m Socorrista Xunior masculino

24/02/2018 Bos resultados dos nosos deportistas no Campionato de España, na xornada de onte Ángel Fraga proclamouse subcampión de España na proba 100m Socorrista con un tempo de 57"11, marca que rebaixa o récord galego. Por outra banda, Ana Muíño rematou (na proba antes mencionada) no 17º posto realizando 1'09"53.

 

Na xornada de hoxe, Ángel participou nas eliminatorias de 100m Combinada realizando un tempo de 1'16"67 o que lle valíu para rematar no 15º posto na clasificación da proba.

 

Na xornada de mañán ámbolos dous tomarán parte nas eliminatorias de 100m Rescate con aletas. 

 

Noraboa polo que conseguistes ata o momento e moita sorte de cara á xornada de mañán.

 

22/02/2018 Mañá dará comenzo en Torrevieja (Alicante) o Campionato Xuveníl, Xunior e Absoluto e con ese destino viaxan hoxe Ana Muíño e Ángel Fraga (acompañados do seu adestrador Beni).

Participarán nas seguintes probas:

-Ana Muíño: 100m Rescate con aletas e 100m Socorrista

-Ángel Fraga: 100m Rescate con aletas, 100m Socorrista e 100m Combinada

Realizarán as series clasificatorias nas xornadas matutinas e as finais nas xornadas vespertinas, e dende aquí iremos informando dos seus resultados que agardamos que sexan os esperados.

 

¡¡Moita sorte!!

Rodrigo, Paula e Andrea na piscina en Valladolid
Rodrigo, Paula e Andrea na piscina en Valladolid

20/02/2018 Os días 10 e 11 do presente mes os nosos deportistas Andrea Goimil, Paula Ferradás e Rodrigo Rodríguez participaron no Campionato de España Infantíl e Cadete

Realizaron unha boa actuación mellorando algunhas das súas marcas persoais e adquiriron unha experiencia moi valiosa de cara ao futuro neste tipo de competicións. Destacamos o 8º posto de Paula Ferradás na proba de 50m Rescate de manequín pequeno.

 

¡¡Felicidades!!

Óscar dirixíndose cara ao podium para recoller o seu trofeo de mellor deportista máster 30-34
Óscar dirixíndose cara ao podium para recoller o seu trofeo de mellor deportista máster 30-34

07/02/2018 Este fin de semana o noso clube tomou parte no Campionato Galego de augas pechadas que se celebrou na piscina Rosario Dueñas de Ourense; concretamente os nosos xuvenís, xunior, absolutos e máster (acompañados de 4 cadetes). 

 

Realizaron todos un moi bo campionato conseguindo, grazas aos puntos obtidos por todos, un meritorio 5º posto na clasificación global por equipos. Ademáis, o equipo xunior proclamouse mellor equipo da súa categoría. Este foi o noso medalleiro:

-Equipo xuveníl feminino: plata en 4x50m Obstáculos, plata en Lanzamento de corda, plata en 4x25m Remolque con manequín, plata en 4x50m Tubo de rescate.

-Equipo xunior feminino: plata en Lanzamento de corda, bronce en 4x15m Remolque con manequín, bronce en 4x50m Tubo de rescate.

-Jesús Rodríguez e Miguel Regueiro: ouro en Lanzamento de corda.

-Inés Barbeito e Uxía Candal: bronce en Lanzamento de corda.

-Brais Becerra e Ángel Barbeito: plata en Lanzamento de corda.

-Ángel Fraga: ouro en 100m Socorrista (conseguindo tamén o récord galego con un  tempo de 58"24), plata en 100m Combinada, ouro en 100m Rescate con aletas (realizando 51"70, tempo que o converte en récordman xunior e absoluto), plata en 200m Supersocorrista.

-Miguel Regueiro: bronce en 100m Socorrista,

-Ana Muíño: bronce en 100m Socorrista, ouro en 100m Rescate con aletas, bronce en 200m Supersocorrista,

-Sofía Varela: bronce en 100m Rescate con aletas.

-Daniel Regueiro: bronce en 100m Rescate con aletas.

-Marta Rosende: plata en 100m Rescate con aletas.

-Equipo xunior masculino: bronce en 4x15m Remolque con manequín, plata en 4x50m Tubo de rescate.

-Equipo absoluto feminino: plata en 4x15m Remolque con manequín.

-Equipo xuveníl masculino: plata en 4x50m Tubo de rescate.

 

En categoría máster, obtiveron as seguintes medaias:

-Óscar Candal: bronce en 200m Obstáculos 30-34, ouro en 100m Socorrista 30-34, bronce en 100m Rescate con aletas 30-34, ouro en 50m Remolque de manequín 30-34.

-Javier Garaboa: plata en 100m Socorrista 30-34, ouro en 100m Rescate con aletas 30-34, plata en 50m Remolque de manequín 30-34.

-Jose Manuel Vilariño: bronce en 100m Socorrista +45.

 

 

Ademáis, Ángel Fraga e Óscar Candal obtiveron o trofeo de mellor deportista nas categorías xunior e máster 30-34, respectivamente; tralo grandísimo campionato que realizaron os dous.

 

¡¡NORABOA A TOD@S ELES!!

 

Paula co seu trofeo de mellor deportista infantíl
Paula co seu trofeo de mellor deportista infantíl

29/01/2018 O pasado fin de semana (20 e 21 de xaneiro) tivo lugar en Carballo o Campionato Galego das categorías Alevín, Infantíl e Cadete, no que os nosos deportistas realizaron unha gran actuación.

 

Destacamos a actuación do equipo Infantíl que obtivo o 4º posto na clasificación xeral por categorías, quedando a tan só 16 puntos do 3º posto. Ademáis o equipo "Club Natación Cerceda" infantíl feminino subiuse ó segundo escalón do podio en todas as probas de relevos.

A nivel individual, Paula Ferradás proclamouse campiona galega infantíl feminina.

O resto do medalleiro do noso clube neste campionato compóñeno:

-Rodrigo Rodríguez: ouro en 100m Rescate de manequín pequeno con aletas e ouro en 100m Socorrista.

-Andrea Goimil: bronce en 100m Obstáculos, bronce en 100m Socorrista e bronce en 100m Rescate de manequín pequeno con aletas.

-Paula Ferradás: ouro en 50m Arrastre de manequín pequeno (con récord galego incluído) e prata en 100m Rescate de manequín pequeno con aletas.

En categoría Cadete, Antía Martínez quedouse ás portas do podium nas probas 100m Rescate con aletas e en 100m Combinada.

 

En xeral, realizaron todos un moi bo campionato conseguindo rebaixar as súas marcas. Agora a seguir adestrando de cara á tempada de verán na praia.

¡¡FELICIDADES A TOD@S!!

 

05/01/2018 Dende hoxe atópanse na web os resultados correspondentes ás xornadas de liga NORTE de piscina celebradas ata o momento.

24/12/2017 O sábado 23 participamos na 2ª xornada da liga de inverno que se celebrou en Carballo, competindo as categorías de maiores pola mañán e as de pequenos na xornada de tarde. Na sección Imaxes encóntrase dispoñible a galería correspondente á xornada de mañán.

18/11/2017 Mañá comeza a tempada 2017/2018 coa 1ª xornada de liga de piscina en Arteixo. Pola mañán competirán os alevíns, infantís e cadetes e na xornada de tarde competirán os xuvenís, xunior, absolutos e master.

Agardamos que sea o comezo dunha tempada chea de éxitos para o noso clube.

Instantes finais do relevo con tubo de rescate
Instantes finais do relevo con tubo de rescate

01/08/2017 O pasado fin de semana púxose punto e final á tempada actual coa celebración en Laxe do Campionato Galego absoluto de praia. O Club Natación Cerceda obtivo unha medaia de prata no relevo con tubo de rescate absoluto feminino integrado por Inés Barbeito, Ana Muíño, Nerea Vilariño e Ángela Pereiro.

 

Noraboa por estes resultados e pola tempada realizada aos "maiores" do noso clube. Desfrutade do período de descanso para comezar a nova tempada con enerxías renovadas.

 

 

José e Vilariño rematando o relevo de táboa
José e Vilariño rematando o relevo de táboa

28/07/2017 O noso clube  participou o pasado fin de semana por primeira vez nun Campionato galego de praia en categoría Master cos nosos deportistas José Fraga e Jose Manuel Vilariño realizando unha competición moi meritoria e acadando unha medaia de prata, conseguida por Vilariño na proba de Bandeiras.

 

Moitas felicidades a Vilariño e a José polos resultados que conseguiron e pola boa tempada realizada no seu primeiro ano como Masters.

 

Xa se atopan na web os resultados e a galería correspondentes a esta competición.

Recollendo o trofeo de 3º mellor equipo xunior.
Recollendo o trofeo de 3º mellor equipo xunior.

25/07/2017 No Campionato Galego xuveníl e xunior que se celebrou en Laxe os resultados dos nosos deportistas foron:

 

-Unha única medaia de bronce de Jacobo Rosende na proba de bandeiras.

-Nas probas de relevos conseguiron as seguintes preseas:

     _O equipo xuvenil feminino: bronce en salvamento con tubo de rescate.

     _O equipo xunior feminino: bronce en salvamento con tubo de rescate e en relevo sprint praia.

     _O equipo xunior masculino: ouro en salvamento con tubo de rescate, prata en taplin e en relevo sprint praia.

 

Ademáis, o equipo xunior (trala suma dos puntos conseguidos por todos nas probas individuais e de relevos) proclamouse 3º mellor equipo galego.

 

Xa se encontran na páxina os resultados e a galería correspondente a este campionato.

 

17/07/2017 Os días 15 e 16 de xullo celebrouse na praia de Sabón (Arteixo) o Campionato de España de praia das categorías Xuveníl e Xunior. Destacamos os resultados da nosa deportista Nerea Varela que obtivo un 5º posto en bandeiras e un 10º posto en sprint, algo moi meritorio xa que é unha deportista de categoría cadete. Ademáis, o equipo xunior masculino rematou 6º na proba de salvamento con tubo de rescate

 

¡¡NORABOA RAPACES!!

 

Paula no podium da proba 25m arrastre
Paula no podium da proba 25m arrastre

01/07/2017 Na última xornada do campionato Rodrigo e Paula realizaron as probas de bandeiras e eslalon costa, os seus resultados foron:

-Paula rematou 15ª en eslalon costa e Rodrigo 10º.

-En bandeiras Paula acabou en 14ª posición e Rodrigo no posto 46.

FELICIDADES a ambos polos resultados que obtiveron nunha competición tan importante como é un campionato de España. Esperamos que estos sexan os primeiros éxitos de moitos que obteñan nos próximos anos.

Rodrigo e Paula na praia San Juan (Alicante)
Rodrigo e Paula na praia San Juan (Alicante)

29/06/2017 Dende o día 28 ata o 30 de xuño estase celebrando en Alicante o Campionato de España benxamín e alevín. En representación do noso clube encontranse alí Paula Ferradás e Rodrigo Rodríguez acompañados por Beni e nestes 2 días de competición os resultados que obtiveron foron moi bos:

-Na proba 50m Obstáculos Paula conseguiu a medaia de bronce e Rodrigo acabou na 12º posición.

-En 25m arrastre de manequín Paula obtivo a medaia de ouro batindo ademáis o récord de España da proba realizando un tempo de 20.07, sendo o anterior 21.22. Por outra parte, Rodrigo acabou na 11ª posición.

-Na proba 50m rescate aletas Paula acabou e Rodrigo .

-En carreira con nipper Paula conseguiu a medaia de ouro e Rodrigo quedouse moi cerca do podium, xa que acabou .

 

Seguro que na xornada de mañán nos seguen dando boas noticias.

27/06/2017 Este pasado domingo día 25 celebrouse no Ézaro (Dumbría) o Campionato Galego alevín, infantíl e cadete de praia. Os nosos deportistas que obtiveron medaias foron:

          -Paula Ferradás: bronce en eslalon costa

          -Rodrigo Rodríguez: ouro en carreira con nipper e prata en eslalon costa

          -Uxía Domínguez: ouro en bandeiras

          -Samuel Quintela: bronce en bandeiras

          -Alejandro Suárez: ouro en bandeiras e bronce en nadar surf

          -Marta Padín e Sofía Varela: bronce en rescate con táboa

 

FELICIDADES PARA TODOS OS NOSOS ¨PEQUENOS¨ DEPORTISTAS, agora só lles queda desfrutar moito do verán e descansar para comezar a tempada que ven con renovadas forzas.

24/05/2017 Están dispoñibles na web os resultados e a galería correspondentes á III xornada da liga de verán que se celebrou este pasado fin de semana en Laxe. 

Ángel e Ana no podium
Ángel e Ana no podium

03/05/2017 FELICIDADES AOS NOSOS DEPORTISTAS ANA, ÁNGEL E INÉS polos resultados obtidos no Open Internacional de Salvamento que se celebrou o pasado fin de semana en Madrid.

Ana Muíño obtivo o ouro na proba 100m rescate aletas, conseguindo ademáis ser a primeira deportista feminina do noso clube que baixa do minuto nesa proba (59¨33).

Ángel Fraga conseguíu facerse co bronce na proba 100m rescate aletas batindo o récord galego absoluto da proba ao parar o crono, na xornada  de mañán, en 52¨75. Ademáis, na proba 100m Socorrista parou o crono en 59¨10, sendo tamén o primeiro deportista do noso clube que baixa do minuto.

Inés Barbeito rematou 6ª na proba 100m rescate aletas realizando a súa mellor marca persoal (1´00¨22).

 

Por outro lado, este fin de semana en Sanxenxo tomaremos parte na 2ª xornada da liga de verán galega.

24/04/2017 Durante este fin de semana en Madrid celebrarase o Open Internacional de Salvamento. A este evento acoden 3 dos nosos deportistas (Ángel Fraga, Ana Muíño e Inés Barbeito) que disputarán as seguintes probas:

-Ángel: 100m Rescate aletas, 100m Socorrista

-Ana: 100m Rescate aletas, 100m Socorrista

-Inés: 100m Rescate aletas, 100 Socorrista

 

Desexamoslle moita sorte para que consigan os obxectivos marcados para este campeonato. 

21/04/2017 Están disponibles os resultados correspondentes á 1ª xornada de augas abertas.

04/04/2017 O próximo sábado 8 de abril comenza a liga de verán na nosa comunidade. Dará comenzo en Bastiagueiro (A Coruña) competindo as categorías xuvenil, xunior e senior pola mañán e as categorías infantil e cadete pola tarde. 

25/03/2017 Hoxe no restaurante ¨O Panadeiro¨ de Cerceda tivo lugar a Cena anual (neste caso foi unha comida) que cada ano organiza a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) e na que premia aos mellores deportistas e clubes da tempada anterior. Por parte do noso clube a nosa deportista Paula Ferradás recolleu o seu premio de Mellor Deportista Alevín Feminina da tempada 15/16 que acadou trala suma de todos os puntos que conseguíu en todas as competicións autonómicas celebradas en dita tempada, tanto de praia coma de piscina.

 

¡NORABOA CAMPEONA!

Ana no segundo caixón do podium
Ana no segundo caixón do podium

28/02/2017 Os nosos deportistas participantes no Campionato de España pecharon a súa actución nesta competición con moi bos resultados:

-Ana Muíño conseguíu a medaia de prata na proba 100m Rescate con aletas.

-Ángel Fraga batíu o récord galego en 100m Rescate con aletas con un tempo de 53¨17, rebaixando o anterior tempo de 54¨06.

Destacamos tamén a actuación de Inés Barbeito que con un tempo de 1´03¨97 rematou 6ª na mesma proba.

 

Felicitámolos a todos eles e ao seu adestrador, e esperamos seguir informando de máis éxitos deles pola xeografía española adiante. 

27/02/2017 Na xornada de onte, a nosa deportista Ana Muíño quedou a un paso do pódium ao rematar 4ª na proba 100m Socorrista. Ángel Fraga e Inés Barbeito non conseguiron meterse nas finais das probas que disputaron, quedando Ángel a un paso ao rematar a menos dunha décima da 8ª posición.

Na xornada de mañán (a última desta competición) disputarán as probas 100m Rescate aletas e 50m Arrastre nas que esperamos que acaden os obxectivos marcados.  

26/02/2017 Os nosos deportistas Ana Muíño, Ángel Fraga e Inés Barbeito atópanse en Castellón participando no Campionato de España de inverno. Na xornada de hoxe realizarán as probas 100m Socorrista e,no caso de Ana Muíño, tamén 100m Combinada. Pola mañán teñen lugar as series clasificatorias e na xornada de tarde as finais. Dende aquí informaremos dos seus resultados.

 

MOITA SORTE RAPACES

O equipo xunior no 2º caixón do podium
O equipo xunior no 2º caixón do podium

12/02/2017 O pasado fin de semana o CNC acudíu ao Campionato Galego das categorías xuveníl, xunior, senior e master. Na clasificación global rematamos nun meritorio 5º posto, destacando a actuación do equipo xunior que rematou en 2º lugar.

 

O noso medalleiro foi:

-Ana Muíño: 3ª en 100m Combinada, 2ª en 100m Socorrista, 3ª en 200m Supersocorrista, 3ª en 50m Arrastre e 1ª en 100m Rescate aletas.

-Miguel Regueiro: 2º en 100m Socorrista.

-Ángel Fraga: 1º en 100m Socorrista, 1º en 100m Rescate aletas.

-Inés Barbeito: 3ª en 100m Rescate aletas.

-José Fraga: 2º en 100m Combinada.

-Relevo absoluto feminino: 3º en 4x50m Obstáculos, 3º en 4x25m Arrastre e 2º en 4x50m Combinado.

-Relevo absoluto masculino: 1º no relevo de corda.

-Relevo xunior feminino: 3º en 4x25m Arrastre, 1º en relevo de corda e 2º en 4x50m Combinado.

-Relevo xunior masculino: 2º en relevo de corda.

-Relevo xuveníl feminino: 2º en relevo de corda.

-Relevo xuveníl masculino: 3º en relevo de corda.

Destacamos o campionato feito por Ana Muíño que, coa suma dos seus resultados rematou 2ª na clasificación xunior feminina.

 

Dende aquí felicitámolos a tod@s polo bo campionato que realizaron, tanto aos que obtiveron as mínimas necesarias para participar no campionato galego como aos que se quedaron ás portas. Esperamos que sigan esforzándose para o que queda de tempada.

 

O equipo infantíl e cadete
O equipo infantíl e cadete

11/02/2017 Trala celebración do Campionato Galego das categorías alevín, infantíl e cadete felicitamos aos nosos deportistas polo bo papel realizado durante a mencionada cita. Gracias ao esforzo conxunto de todos o clube finalizou en 5º lugar na clasificación global por equipos; ademáis o equipo cadete obtivo o 3º posto dentro da clasificación por categorías.

A nivel individual destacamos a actuación de Paula Ferradás que, despois de conseguir o primeiro posto en todas as súas probas, alzouse co título de mellor deportista alevín feminina. Outros dos nosos deportistas tamén fixeron un moi bo campionato quedando nos podiums das clasificacións individuais; estes foron Sofía Varela (2º posto) e Rodrigo Rodríguez (3º posto).

O medalleiro do noso clube foi:

-Medaia de ouro: Paula en 50m Obstáculos, Paula en 25m Arrastre, Paula en 50m Rescate aletas, o equipo cadete feminino en 4x50m Combinada, o relevo alevín feminino en 4x12,5m Arrastre.

-Medaia de prata: Sofía en 100m Rescate aletas, Sofía en 50m Arrastre, Alejandro Suárez en 100m Rescate aletas, Rodrigo en 50m Obstáculos, o relevo cadete feminino en 4x50m Nado con aletas e en 4x50m Combinada, o relevo alevín feminino en 4x50m Nado con aletas.

-Medaia de bronce: Sofía en 200m Obstáculos, Alejandro Suárez en 200m Supersocorrista, Daniel Regueiro en 100m Rescate aletas, Rodrigo en 25m Arrastre, o relevo infantíl feminino en 4x50m Combinada, o relevo cadete masculino en 4x50m Combinada.

 

¡NORABOA POLO CAMPIONATO REALIZADO! Agora toca seguir entrenando ata que dé comenzo a tempada de praia en abril.

 

16/01/2017 O pasado sábado 14 de xaneiro tivo lugar en Carballo a 4ª e última xornada da liga galega de piscina. Nas próximas semanas terán lugar os campionatos galegos (tanto de grandes como de pequenos) que poñerán punto e final á tempada de piscina na comunidade galega. Na sección Resultados están dispoñibles os correspondentes á mencionada xornada.

25/12/2016 O Club Natación Cerceda desexavos a todos un BO NADAL.

24/12/2016 O día 18 deste mes celebrouse en Arteixo a 3ª xornada da liga galega de piscina. Na páxina estan dispoñibles as galerías correspondentes (tanto das categorías inferiores como das de maiores) e os resultados actualizados.

27/11/2016 Na xornada de onte celebrouse na piscina Carballo Calero de Carballo a 2ª xornada da liga galega de piscina. Pola mañá competiron os deportistas xuvenís, xunior e senior e pola tarde os alevíns, infantís e cadetes. Na sección Imaxes está dispoñible a galería correspondente.

17/11/2016 O día 13 deste mes de novembro comezamos en Arteixo a tempada de piscina. Na sección Resultados están dispoñibles os correspondentes a este evento para a súa consulta.

Nos vindeiros días poñeremos a disposición dos nosos usuarios a galería correspondente.

30/10/2016 O venres celebrouse ás 19:30 no Centro Cívico de Cerceda a Gala do Deporte que premia aos deportistas destacados do concello; neste caso polo logros acadados durante a tempada 2015/2016.

Os nosos deportistas premiados foron:

*Polos seus logros individuales:

   -Paula Ferradás

   -Rodrigo Rodríguez

   -Andrea Pichel

   -Ángel Fraga

   -Ángela Pereiro

   -Martiño Ríos

   -Ana Muíño

   -Inés Barbeito

*Polos seus logros colectivos:

   -O equipo xunior feminino de 4x25 Arrastre formado por Marta Rosende, Iria Becerra, Ángela Pereiro e Ana Muíño; polo establecer un novo récord galego nesta proba.

   -O equipo alevín polo seu Campionato Galego no campeonato de inverno, este quipo estaba formado por: Paula Ferradás, Andrea Goimil, Alexia Barral, Uxía García, Nerea Bocija, Daniela Otero, Andrea Otero, Rodrigo Rodríguez, Nicolás Nieto, Samuel Quintela, Noah Quintela, Samuel Caamaño e Brais García.

   -O equipo Xuvenil_Xunior_Senior polo seu Subcampionato Galego no campionato de inverno, este equipo estaba formado por: Andrea Pichel, Sara Portela, Paula Pallas, Marta Rosende, Iria Becerra, Laura García, Noelia Gestal, Claudia Barral, Antía Raso, Ángel Fraga, Anxo Viqueira, Jesús Rodríguez, Jacobo Rosende, Luis Mosquera, Iván Iglesias, Miguel Regueiro, Ana Muíño, Ángela Pereiro, María Pallas, Pablo Suárez, Martiño Ríos, Abel Fraga, Uxía Candal, Inés Barbeito, Nerea Vilariño, Balbina Tarrío, Sara Gende, Adrián Liñares, Javier Garaboa, Brais Becerra e Óscar Candal.

 

25/10/2016 Na sección Calendario xa está dispoñible o correspondente a esta tempada 2016/2017 que comezará o próximo 12 de novembro. Ademáis, na sección Descargas tamén está dispoñible a normativa de competición da federación galega (FESSGA) para a mencionada tempada. 

02/10/2016 Na sección Imaxes atópase unha galería que contén fotos realizadas durante un dos primeiros entrenamentos desta tempada 16/17.

03/08/2016 A nosa deportista Ángela Pereiro foi convocada coa selección galega de salvamento e socorrismo para realizar as probas de bandeiras e tabla nun campionato que terá lugar na praia de Salinas en Asturias.

¡Felicidades Ángela, desexamosche moita sorte na competición!

02/08/2016 O fin de semana pasado, concretamente durante o 30 e o 31 de xullo, tivo lugar na praia de Sabón (Arteixo) a última competición desta tempada: o Campionato Galego de categoría absoluta e máster. 

O noso clube rematou en 7ª posición na clasificación global de clubes. Aínda que os nosos deportistas quedaron cerca de conseguir algún metal, como o 4º posto de Ángela Pereiro en bandeiras e o 4º posto do relevo absoluto feminino no relevo de sprint, nesta ocasión non conseguiron ningunha.

Dende aquí felicitámolos polos resultados obtidos nesta competición e facemos extensibles as felicitacións aos resultados que obtiveron durante toda esta tempada. Agora toca descansar ata o comezo da tempada 16/17.

26/07/2016 Durante os días 23 e 24 de xullo celebrouse en Laxe o Campionato de España de praia das categorías Xuvenil e Xunior. Representando ao CNC participaron:

-Andrea Pichel

-Iria Becerra

-Marta Rosende

-Ana Muíño

-Ángela Pereiro

-Jesús Rodríguez

-Ángel Fraga

-Abel Fraga

-Pablo Suárez

-Martiño Ríos

Todos os nosos deportistas realizaron un papel moi meritorio, ofrecéndonos un bo espectáculo e competindo en igualdade de condicións contra os mellores clubes de España e incluso de Europa; destacamos os seguintes resultados:

- posto de Ángela en bandeiras

- posto de Jesús en carreira con ski e en sprint

-10º posto de Martiño en carreira con ski

- posto do relevo xunior feminino no relevo de sprint

- posto do relevo xunior masculino no relevo de tubo de rescate

 

Xa se encontran dispoñibles na web os resultados e a galería correspondentes a dito evento.

Algúns dos nosos deportistas en Laxe
Algúns dos nosos deportistas en Laxe

18/07/2016 Este pasado 16 de xullo en Laxe celebrouse o Campionato Galego de praia das categorías Xuveníl e Xunior. O Club Natación Cerceda rematou en 5ª posición na clasificación xeral de clubes; quedando en 4º lugar nas clasificacións por categorías (tanto na xuveníl como na xunior).

Os resultados máis destacados dos nosos deportistas foron:

-Jesús Rodríguez: 4º en sprint

-Martiño Ríos: 2º en oceanman, 2º en carreira con táboa de salvamento, 5º en carreira con táboa de salvamento

-Abel Fraga: 5º en carreira con ski

-Jacobo Rosende: 5º en bandeiras

-Ángela Pereiro: 3ª en bandeiras

-Relevo xunior feminino: 2º en relevo de tubo

-Relevo xuveníl masculino: 3º en relevo de sprint

 

Noraboa a todos eles, en especial aos medallistas.

Andrea e Paula coas súas medaias de 25m rescate
Andrea e Paula coas súas medaias de 25m rescate

12/07/2016 Entre o 29 de xuño e o 3 de xullo tivo lugar en Castellón e Oropesa del Mar o Campinato de España das categorías Alevín, Inafantíl e Cadete. Por parte do noso clube tomaron parte neste evento:

-Paula Ferradás

-Andrea Goimil

-Antía Martínez

-Nerea Varela

-Andrea Pichel

-Uxía Viqueira

-Sofía Varela

Todas elas realizaron unha moi boa actuación, destacando sobre todo o papel das nosas alevíns (Paula e  Andrea) que trouxeron para terras galegas 4 medaias:

-Paula Ferradás: ouro en carreira con táboa de salvamento, ouro en carreira con nipper e plata en 25m remolque de manequín.

-Andrea Goimil: bronce en 25m remolque de manequín.

 

Felicidades a todas elas.

 

Nas seccións Resultados e Imaxes atópase maís información relacionada con este Campionato.

Paula recollendo o seu trofeo de mellor deportista
Paula recollendo o seu trofeo de mellor deportista

08/07/2016 Neste tempo sen actualizar tivo lugar no Ézaro o Campionato Galego de praia das categorías Alevín, Infantíl e Cadete. Nesta competición, grazas aos puntos obtidos por todos os nosos deportistas, o equipo quedou en 4ª posición na clasificación xeral. Ademáis, os nosos alevíns finalizaron a competición como o 3º mellor equipo desta categoría. 

Tamén viñeron para a casa con medaias:

-Paula Ferradás: ouro en carreira con nipper, ouro en eslalon de costa

-Andrea Goimil: bronce en carreira con nipper

-Rodrigo Rodríguez: ouro en carreira con niper

-Nerea Varela: plata en bandeiras

-Antía Martínez: bronce en bandeiras

-Equipo alevín feminino: ouro en sprint

-Equipo alevín masculino: bronce en sprint

-Equipo cadete masculino: bronce en sprint, bronce en salvamento con tubo de rescate

Dsetacamos a Paula Ferradás, que grazas ao bo papel que realizou no campionato se proclamou mellor deportista alevín feminina. ¡¡Noraboa Paula!!

 

Moitas felicidades a todos e cada un dos nosos deportistas, esperamos que desfruten do verán e que descansen moito para empezar a seguinte temporada con moitas ganas.

07/07/2016 O pasado 18 de xuño celebrouse en Ordes a cea da FESSGA (Federación Galega de Salvamento e Socorrismo) onde se entregaron os galardóns aos mellores deportistas e mellor clube da tempada 2015/2016. Neste evento, a nosa desportista Inés Barbeito recolleu o seu premio de mellor deportista absoluta.

04/06/2016 No día de onte tivo lugar a IV Xornada de liga en praia en Sanxenxo e na sección Imaxes atópase a galería correspondente a este evento.

26/05/2016 Dende hoxe na sección Imaxes atópase a galería correspondente á III Xornada de liga en praia.

24/05/2016 Están dispoñibles os resultados correspondentes á 3ª Xornada de liga en praia que se celebrou o pasado fin de semana na praia de Sabón (Arteixo).

09/05/2016 Dende hoxe na sección Imaxes atópase a galería correspondente ao Campionato de España de primavera celebrado en Madrid.

Ángel, Ana, Inés e Ángela na piscina M86
Ángel, Ana, Inés e Ángela na piscina M86

03/05/2016 Unha vez rematado o Campionato de España celebrado en Madrid, vamos a informar sobre os grandes resultados que obtiveron os nosos deportistas:

 

-Ana Muíño, na xornada dominical, acadou outra medaia de bronce, esta vez nos 100m rescate aletas.

-Ángel Fraga batiu o récord galego na proba 100m rescate aletas con un tempo de 58.89; conseguindo ademáis ser o primeiro deportista do noso clube en baixar do minuto nesta proba.

-Inés Barbeito e Ángela Pereiro realizaron tamén un bo papel acadando bos tempos e clasificándose ambas para finais. 

 

¡¡NORABOA!!

 

Na sección Resultados atópanse os correspondentes a esta competición e nos seguintes días estarán dispoñibles as imaxes.

 

Ana Muíño recollendo o seu bronce no podium en Madrid
Ana Muíño recollendo o seu bronce no podium en Madrid

30/04/2016 A nosa deportista Ana Muíño conseguíu na xornada de hoxe o bronce en categoría xunior na proba de 100 m Socorrista. ¡¡¡Moitas Felicidades Ana!!!

29/04/2016 Este fin de semana en Madrid celébrase o Campionato de España de Primavera de categoría senior. Nesta cidade xa se encontran os deportistas do noso clube que participan nesta cita, acompañados de Beni:

-Ángel Fraga

-Ana Muíño

-Ángela Pereiro

-Inés Barbeito

Dende aquí manterémosvos informados dos seus resultados.

 

¡¡¡¡Moita sorte a tod@s eles!!!!

 

 

25/03/2016 Están dispoñibles as Imaxes correspondentes ao Campionato Galego AIC de piscina.

Ana recollendo unha das súas medaias de bronce
Ana recollendo unha das súas medaias de bronce

22/03/2016 Despois deste tempo sen actualizar vamos a informar dos resultados obtidos polos integrantes do noso clube nas competicións que tiveron lugar:

+ O 13 e 14 de febreiro celebrouse en Carballo o Campionato Galego de piscina das categorías alevín, infantíl e cadete onde os nosos alevíns se proclamaron Campións Galegos; ademáis Andrea Goimil e Antía Martínez proclamáronse campionas galegas nas categorías alevín e infantíl, respectivamente. Rematamos a competición con  medaias:

-Antía Martínez: ouro en 100m manequín aletas, ouro en 50m arrastre manequín, bronce en 100m socorrista

-Andrea Pichel: bronce en 100m manequín aletas

-Andrea Goimil: ouro en 50m obstáculos, bronce en 50m manequín aletas, plata en 25m arrastre manequín

-Alejandro Suárez: bronce en 200m supersocorrista

-Paula Ferradás: ouro en 25m arrastre manequín

-Relevo cadete femenino: bronce en 4x25 arrastre manequín, bronce en 4x50 combinada

-Relevo cadete masculino: bronce en 4x50 nado con aletas, bronce en 4x50 combinada

-Relevo infantíl femenino: plata en 4x50 combinada

-Relevo alevín femenino: ouro en 4x25 obstáculos, ouro en 4x12,5 arrastre manequín, bronce en 4x50 nado con aletas

-Relevo alevín masculino: plata en 4x25 obstáculos, plata en 4x50 nado con aletas

 

+ O 20 e 21 de febreiro tivo lugar en Valladolid o Campionato de España de piscina das categorías Infantíl e Cadete e nel tomaron parte 2 das nosas deportistas: Antía Martínez e Andrea Pichel mellorando ambas os seus tempos e realizando un bo papel.

 

+O 27 e 28 de febreiro tivo lugar en Torrevieja (Alicante) o Campionato de España de piscina das categorías Xuveníl, Xunior e Senior no que, representando ao CNC, participaron:

-Inés Barbeito

-Ana Muíño

-Ángela Pereiro

-Marta Rosende

-Iria Becerra

-Ángel Fraga

-Jesús Rodríguez

Todos eles realizaron un bo papel, destacando a figura de Ana Muíño que conseguíu 2 medaias de bronce (100m socorrista e 100m rescate aletas).

 

Na sección de resultados atópanse os correspondentes ás tres competicións que mencionamos.

10/02/2016 O pasado fin de semana tivo lugar en Ourense o Campionato Galego das categorías xuveníl, xunior e senior, e na sección Imaxes atópase a galería correspondente á xornada do sábado. Nos próximos días subiremos a galería correspondente ao domingo, así como os resultados.

08/02/2016 Están dispoñibles as imaxes correspondentes á IV Xornada de liga en piscina que se celebrou en Arteixo o pasado 31 de xaneiro.

04/02/2016 Dende hoxe atópanse nesta páxina os resultados correspondentes  á 4ª xornada de liga.

18/01/2016 Dende hoxe atópanse na sección Resultados os correspondentes á xornada do pasado fin de semana.

17/01/2016 No día de onte o noso clube participou na III Xornada de liga en piscina e xa están dispoñibles as imaxes correspondentes a este evento.

02/01/2016 Dende hoxe atópanse nesta páxina os resultados correspondentes á 2ª xornada de liga.

27/11/2015 No apartado Descargas atópanse dende hoxe os ránkings da FESSGA da tempada pasada.

26/11/2015 Xa se atopan nesta web o calendario e a normativa de competición para esta tempada 2015/2016. Dita tempada comezou este pasado fin de semana; e dende hoxe tamén se atopan dispoñibles os resultados.

María, Ángela, Inés e Balbina recollendo a súa medaia no segundo caixón do podium
María, Ángela, Inés e Balbina recollendo a súa medaia no segundo caixón do podium

03/08/2015 Este fin de semana tivo lugar o Campionato galego absoluto en A Coruña. O medalleiro do noso equipo foi:

-Medalla de bronce: Inés Barbeito en Bandeiras

-Medalla de plata: Inés Barbeito en Sprint

-Medalla de plata: Relevo absoluto femenino en Taplin

-Medalla de plata: Relevo absoluto femenino en Sprint praia

-Medalla de plata: Relevo absoluto femenino en Tubo de rescate

Ademáis cabe destacar os resultados de:

-Ángela Pereiro; 6ª en Bandeiras

-Inés Barbeito; 4ª en carreira con táboa de rescate, 8ª en carreira con sky, 6ª en correr nadar correr, 5ª en Oceanwoman

-Martiño Ríos; 6º en carreira con táboa de rescate, 9º en carreira con sky

-Ana Muíño; 10ª en correr nadar correr

 

¡¡NORABOA!!

Martiño celebrando a segunda posición en carreira con ski
Martiño celebrando a segunda posición en carreira con ski

14/07/2015 Dende hoxe atópanse os resultados dos campionatos de España nos que participaron membros do CNC, así como os do campionato galego xuveníl e xunior celebrado este sábado en Laxe.

O medalleiro neste campionato foi:

-Martiño Ríos; 3º en carreira con táboa, 2º en carreira con ski, 3º en oceanman.

-Ángela Pereiro; 2ª en sprint, 1ª en bandeiras.

-Antía García; 3ª en bandeiras.

-Jesús Rodríguez; 3º en bandeiras.

-Relevo xuveníl feminino; 2º en taplin, 2º en salvamento con tubo de rescate.

-Relevo xuveníl masculino; 3º en taplin.

-Relevo xunior feminino; 3º en sprint praia.

O equipo xuveníl rematou no medalleiro e o equipo xunior rematou .

 

                                                                                                                 ¡¡FELICIDADES!! 

04/07/2015 No día de hoxe comeza en Torrevieja (Alicante) o Campionato absoluto de España de praia onde participan 5 dos nosos deportistas:

-Ana Muíño

-Ángela Pereiro

-Martiño Ríos

-Inés Barbeito

-Nerea Vilariño

Dende esta páxina informaremos dos resultados que obteñan, que agardamos que sexan bos.

 

Por outro lado, o fin de semana pasado chegáronnos tamén dende Alicante, boas noticias en forma dun bronce para Lara López en 50 rescate aletas no Campionato de España infantíl e cadete; ¡¡¡Noraboa Lara!!!!

Tamén cabe mencionar os resultados de :

-Relevo infantíl femenino: en tubo de rescate (piscina), 10º en Sprint praia, en tubo de rescate (praia)

-Lara López: en Bandeiras

-Nerea Varela: en Bandeiras

-Alejandro Suárez: en Bandeiras

21/06/2015 Na xornada de onte celebrouse en Baiona o Campionato Galego de praia das categorías alevín, infantíl e cadete. O medalleiro do noso club foi o seguinte:

-Iván Iglesias, en sprint praia

-Daniel Nieto, en carreira con táboa

-Nerea Varela, en bandeiras

-Alejandro Suárez, en bandeiras

-Relevo infantíl femenino, en relevo de sprint praia, 1º en salvamento con tubo de rescate

-Relevo infantíl masculino, en relevo de sprint praia

-Relevo cadete femenino, en relevo de sprint praia

-Relevo cadete masculino, en relevo de sprint praia

Na sección Imaxes atópase a galería correspondente a esta competición, así como os resultados.


Por último, felicitamos a todos os integrantes das categorías alevín, infantíl e cadete do club pola boa temporada realizada, tanto na piscina como na praia; agardamos que nas vacacións repoñan forzas para seguir mellorando e facendo medrar este clube na próxima tempada.

08/06/2015 Dende hoxe está dispoñible a galería correspondente á IV Xornada de liga de praia celebrada en Bastiagueiro (Oleiros) celebrada este fin de semana.

18/05/2015 Xa se encontran dispoñibles na web os resultados correspondentes á III Xornada de liga de praia celebrada en Laxe e a galería correspondente a dita xornada.

Inés, Ángela, Ana e Ángel na piscina M 86
Inés, Ángela, Ana e Ángel na piscina M 86

04/05/2015 O domingo seguiron os bos resultados dos nosos, mellorando as súas marcas persoais e con un récord galego de Ángel Fraga en 100 aletas (rebaixando o récord que él mesmo posuía). 

Dende esta páxina felicitámolos polo bo campeonato realizado, por todos e cada un deles.

Xa se atopan os resultados desta competición na páxina.

Ana no alto do podium de 100m Socorrista
Ana no alto do podium de 100m Socorrista

02/05/2015 Gran papel dos nosos hoxe no Open en Madrid:

-Ángela Pereiro: en 100m Combinada

-Ángel Fraga: en 100m Socorrista e récord galego

-Inés Barbeito: en 100 Socorrista

E destacamos a medaia de ouro de Ana Muíño en 100m Socorrista, que estableceu tamén un novo récord galego nesta proba.

 

Uns grandísimos resultados os de todos eles, FELICIDADES!!! Agardamos que mañan a xornada sea tan boa como a realizada hoxe.

29/04/2015 Este fin de semana tivo lugar a 2ª xornada da liga galega de verán e dende hoxe atópanse na web os resultados desta competición.

 

Por outra parte, este fin de semana (2 e 3 de maio) celébrase en Madrid o Open Internacional de Salvamento e Socorrismo e o venres os deportistas do CNC que tomarán parte nel (xunto con Beni; Antonio, o pai de Inés; e Diego, o irmán de Ana) emprenden o camiño cara Madrid. Estes deportistas son:

-Ana Muíño ( 100 Socorrista, 50 Arrastre, 100 Maniquí aletas)

-Ángel Fraga (100 Socorrista, 100 Maniquí aletas)

-Ángela Pereiro (100 Combinada, 50 Arrastre, 100 Maniquí aletas)

-Inés Barbeito (100 Socorrista, 100 Maniquí aletas)

Pinchando no cartel correspondente á competición pódense consultar as series; e para os que desexen seguir a competición en directo, poderano facer no seguinte enlace de Youtube.

10/04/2015 Esta semana deuse a coñecer o último número da revista de salvamento FEGUI, unha publicación semestral da FESSGA; esta publicación é a primeira revista sobre aspectos de primeiros auxilios, salvamento, socorrismo e seguridade no medio acuático publicada en España. Neste número aparece na portada a nosa deportista Inés Barbeito e dentro, unha entrevista con motivo da medaia de bronce que ésta conseguiu no campeonato do mundo Rescue e unha crónica das vivencias do noso entrenador Beni no mencionado campionato. Poñemos a disposición dos nosos usuarios un enlace á páxina da FESSGA para a consulta e descarga da revista.

29/03/2015 Logo dun tempo sen actualizar a páxina... voltamos informando sobre todo o que aconteceu neste período no noso clube:

-Como xa mencionamos na anterior actualización, o CNC acudíu cunha ampla representación aos campionatos de España de maiores en Ourense de onde trouxemos unha medaia de plata no relevo de corda (Inés Barbeito e Ángela Pereiro); o conxunto dos deportistas do noso clube realizou un moi bo campionato mellorando marcas persoais e acadando postos elevados nas clasificacións. A partir de hoxe xa se atopa na páxina a galería correspondente e os resultados de todos eles.


-O pasado día 14 de marzo tivo lugar a cena anual da FESSGA na que se premian aos mellores deportistas galegos da tempada anterior. Neste acto os deportistas do CNC premiados foron:

.Alejandro Suárez (mellor deportista alevín masculino en piscina 13/14)

.Lara López (mellor deportista infantíl feminina en piscina 13/14)

.Inés Barbeito (mellor deportista xunior feminina en piscina e praia 13/14)

Tamén dispoñemos dunha pequena galería con fotos dos premiados.


-Inés Barbeito foi recoñecida como Deportista Galega de Alto Nivel. Un recoñecemento moi merecido. ¡¡Noraboa Inés!!


-Na xornada de onte (día 28) dou comezo a tempada de praia en Baiona (Pontevedra) e xa se atopan na web os resultados


Inés hoxe no homenaxe da Xunta
Inés hoxe no homenaxe da Xunta

27/02/2015 Hoxe, Inés Barbeito, xunto a outros moitos deportistas (incluídas algunhas compañeiras socorristas), foi homenaxeada na Coruña pola Xunta de Galicia.

E a partir de mañán tomará parte, durante todo o fin de semana, no campeonato de España que se celebra nesta ocasión en Ourense. A lista completa de deportistas que representarán ao CNC é:

-Marta Rosende

-Iria Becerra

-Paula Pallas

-Paula Gende

-Ana Muíño

-Jesús Rodríguez

-Ángel Fraga

-Pablo Suárez

-Abel Fraga

-Ángela Pereiro

-Inés Barbeito

¡¡De seguro que realizan un moi bo campeonato!!


Os nosos deportistas en Valladolid
Os nosos deportistas en Valladolid

25/02/2015 Este fin de semana os resultados dos nosos deportistas foron:

-Lara López: 5ª en rescate aletas, 68º en arrastre

-Antía Martínez: 24º en rescate aletas, 53º en arrastre, 37º en socorrista

-Daniel Nieto: 34º en rescate aletas, 22º en arrastre

-Álex Suárez: 39º en obstáculos, 26º en arrastre, 13º en socorrista

Felicitámolos por estos resultados, xa que ademáis melloraron algunhas das súas marcas persoais. 

Na sección resultados xa se atopan os correspondentes a este campionato. 

20/02/2015 Os próximos días 21 e 22 de febreiro celébrase en Valladolid o XXIX Campionato de España infantíl e cadete e 4 dos nosos deportistas van a tomar parte nel. Estos deportistas son:

-Antía Martínez: 50 manequín aletas, 25 Arrastre manequín, 50 Socorrista

-Daniel Nieto: 50 manequín aletas, 25 Arrastre manequín

-Alejandro Suárez: 100m Obstáculos, 25 Arrastre manequín, 50 Socorrista

-Lara López: 50 Arrastre manequín, 50 manequín aletas

Pódense consultar as series clicando sobre o cartel do campeonato que se encontra na marxe dereita.

¡¡Agardamos que realicen un moi bo campeonato e que teñan unha boa viaxe!!

18/02/2015 Este fin de semana no campionato galego de alevíns, infantís e cadetes celebrado en Carballo, os nosos deportistas quedaron en cuarta posición na clasificación de mellor clube galego en piscina. E dentro de cada unha das categorías: 

-Equipo alevín: 5ª posición

-Equipo infantíl: 3ª posición

-Equipo cadete: 4ª posición

Felicitámolos a todos polo bo papel realizado e agora a seguir entrenando de cara á tempada de praia.


Por outra parte, atópanse na nosa web os resultados de toda a tempada de piscina e as galerías correspondentes ao campionato galego alevín, infantíl e cadete. Nas próximas semanas iremos subindo as galerías correspondentes á 5ª xornada de liga e a do campionato galego de maiores.

Os nosos deportistas no pódium celebrando a victoria
Os nosos deportistas no pódium celebrando a victoria

09/02/2015 Por primeira vez na historia do clube proclamámosnos... MELLOR EQUIPO GALEGO XXS EN PISCINA!! Felicitamos a todos e cada un dos nosos deportistas polo traballo realizado no campeonato, e ao longo de toda a tempada de piscina, aos entrenadores e aos familiares; sen o traballo de todos eles esto non tería sido posible.

¡¡¡NORABOA!!!

08/12/2014 A nosa deportista Sofía Varela foi convocada pola Federación Española para unha concentración de infantís en Valladolid do 26 ao 28 de decembro. ¡¡¡¡¡Moitas Felicidades!!!!!

02/12/2014 Xa se atopan na web os resultados do CNC da 2ª Xornada da liga galega de salvamento. Moitos parabéns para todos os nosos deportistas polos bos resultados acadados: rematamos 3os na xornada de mañán e 2os na xornada de tarde!!


Ademáis, a FESSGA vai realizar estas navidades unha serie de cursos de interese: de árbitro, de cronometrador e o taller monográfico da práctica deportiva de salvamento e socorrismo; este último é necesario que o fagan os deportistas maiores de 16 anos que queiran competir en campionatos de España e non sexan socorristas titulados. Toda a información dos cursos atópase na páxina da FESSGA, na sección Novedades

26/11/2014 Este fin de semana terá lugar en Ribeira a 2ª Xornada da liga galega de salvamento. Alí estará o CNC con representación en todas as categorías.

25/11/2014 Informamos sobre os resultados de Inés na German Cup este fin de semana:

-50m Arrastre; 40.99 (Posto 40)

-100m Socorrista; 1.05.56 (Posto 15)

-100m Rescate manequín con aletas; 1.01.64 (Posto 16)

-200m Supersocorrista; 2.57.43 (Posto 65)

-Relevo 4x50 Arrastre; Posto 11

-Relevo de corda; Posto 17

Felicitámola por estes resultados, en especial polo seu tempo en 100 manequín aletas, que supón un novo récord galego.

20/11/2014 Hoxe a nosa deportista Inés Barbeito chegou a terras alemanas para tomar parte este fin de semana na XXIII German Cup que se celebra en Warendorf como integrante da selección española xunior. Esperamos que realice un papel tan bo como na convocatoria anterior e que siga adquirindo experiencia en competicións internacionais e coa selección española. Informaremos dende aquí dos seus resultados.

Esta semana o CNC tamén tomou parte nunha iniciativa promovida pola Mancomunidade de Ordes (á que o Concello de Cerceda pertence) para demostrar a repulsa en contra da Violencia de Xénero a través dun vídeo (o cal colgamos na sección multimedia).

10/11/2014 No día de onte tivo lugar a primeira xornada da liga galega de salvamento e poñemos a disposición dos nosos usuarios os resultados. En liñas xerais, tanto na xornada de mañan (os nosos pequenos) como na de tarde (os maiores) remataron en segunda posición os dous equipos. ¡¡FELICIDADES A TOD@S ELES!!

31/10/2014 Despois de un tempo sen actualizar, voltamos con novidades. A máis destacada e a nova convocatoria coa selección española de Inés Barbeito para a German Cup que terá lugar en Alemaña do 20 ao 23 de Novembro. 

Ademáis, subimos á web o calendario de competición galego para esta tempada que comeza; a normativa de competición española onde tamén aparecen as datas dos campionatos nacionais; e o reglamento para esta tempada (dividido por categoría). 

01/09/2014 Onte, debido a problemas técnicos, non puidemos subir a galería correspondente á Gala do Deporte do Concello de Cerceda; pero dende hoxe xa se encontra dispoñible na sección  Imaxes.

Tamén deixamos un enlace á edición electrónica de La Voz de Galicia, que recolle a crónica do evento e unha galería de fotos.

29/09/2014 O pasado venres celebrouse no Concello de Cerceda a Gala do Deporte correspondente á tempada 2013/1014. Nesta gala o noso concello recoñece os logros dos seus deportistas más salientables. Na gala deste ano, os deportistas destacados por parte do CNC foron:

-Jesús Rodríguez, Andrea Pichel, Daniel Nieto, Alejandro Rodríguez, Sara Gende, Ana Muíño e Inés Barbeito por conseguir medaias en probas individuales nos Campionatos Galegos.

-O equipo 4x50m aletas infantil masculino (Carlos Fernández, Álex Suárez, Daniel Nieto, Daniel Regueiro) por batir o récord galego desta proba.

-O equipo 4x50 aletas cadete femenino (Marta Rosende, Iria Becerra, Andrea Pichel, Lara López) por batir o récord galego desta proba.

-O equipo relevo sprint xunior (Inés Barbeito, Nerea Vilariño, Antía García, Ángela Pereiro) pola medaia de plata conseguida no Campionato de España.

Para acompañar e aplaudir aos nosos deportistas, e ao resto dos premiados, reuníuse alí a directiva, os entrenadores e algúns dos compañeiros de equipo e de familares. 

No día de mañán subiremos unha galería coas fotos correspondentes a esta gala e un enlace á páxina de La Voz de Galicia, que cubríu cun reporteiro gráfico esta gala.

24/09/2014 Xa se atopa, na sección Imaxes, a galería da benvida a Inés no aeroporto.


E manán, día 25 de setembro, comeza oficialmente a temporada 2014/2015 para o noso clube; entrenando as categorías inferiores ás 16:30 e as categorías de maiores ás 18:00.

Inés na súa chegada ao aeroporto de Alvedro
Inés na súa chegada ao aeroporto de Alvedro

23/09/2014 A nosa deportista Inés Barbeito xa se atopa por terras galegas. E onte pola noite, unha parte dos integrantes do clube reunímonos (así como representantes da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo), xunto a familia e amigos de Inés, no aeroporto de A Coruña, para darlle unha merecidísima benvida. Nos próximos días subiremos unha galería coas fotos da benvida á primeira medallista galega nun campionato do mundo de socorrismo.

 

Completando a información sobre as probas realizadas por Inés en Montpellier: o domingo tuvo, como proba individual, os 100m. rescate aletas, na que non conseguiu clasificarse para a final (rematando 10ª); e como proba de relevos 4X50m. tubo de rescate, quedando cuartas na final da proba (moi cerca das terceiras).

Deixamos enlaces á páxina de facebook de Todosalvamento.com onde se poden ver os vídeos das probas de Inés de 100m. Socorrista (onde acadou a medaia de bronce) e do relevo 4X50m. tubo de rescate (onde acabou 4º o equipo español).

Inés, terceira no podium mundialista nos 100m. Socorrista (foto de Todosalvamento.com)
Inés, terceira no podium mundialista nos 100m. Socorrista (foto de Todosalvamento.com)

20/09/2014 E hoxe en terras francesas... Inés Barbeito acadou a medalla de bronce nos 100m. Socorrista cun tempo de 1'03''34 (rebaixando a súa mellor marca anterior de 1'06''37), marca que se converte en récord galego.

 

Esto é un hito no noso clube, pero tamén na Federación Galega de Salvamento e Socorrismo xa que se converte na primeira deportista galega da historia en acadar unha medaia nun campionato do mundo.


Recordamos que mañán disputa a proba de 100m. rescate con aletas, na que intentará baixar o seu tempo e conseguir así o récord de España da proba.


¡¡¡Moitas felicidades Inés!!!

Inés na proba de bandeiras (foto de Todosalvamento.com)
Inés na proba de bandeiras (foto de Todosalvamento.com)

19/09/2014 Logo do remate das probas de praia no Campionato do mundo, chégannos fantásticas noticias da participación de Inés coa selección española:

-7ª en sprint praia

-12ª en bandeiras (logo de terse clasificado para a final desta longa proba)

-6ª no relevo de sprint praia

-10ª no relevo de tubo

-7ª no relevo de taplin 

 

Na xornada de mañan comeza coas probas de piscina e dende aquí desexamoslle moita sorte e que siga desenvolvendo un papel tan bo como hasta o momento.

 

Para rematar, deixamos un enlace a un artículo do periódico dixital de Marca, onde fala sobre o magnífico papel de María Luengas (Club Alcarreño de Salvamento) e do resto da selección española. E o enlace á páxina de facebook  de  Todosalvamento.com que está a realizar unha gran cobertura dos campionatos.

 

Inés e Crichi na súa chegada a Madrid
Inés e Crichi na súa chegada a Madrid

09/09/2014 A nosa deportista Inés Barbeito partíu hoxe, a primeira hora da mañán, en dirección a Madrid, para reunirse co resto dos convocados pola federación española de salvamento para tomar parte nos Campionatos do mundo que terán lugar este mes en Montpellier.  No día de mañán chegaran á mencionada cidade para concentrarse nos días previos ao inicio da competición.

 

Recordamos que Inés e Crichi (do PC Salvamento) son as únicas deportistas galegas convocadas. E dende esta páxina iremos informando dos resultados das dúas.

31/07/2014 Hoxe chegounos unha grandísima noticia: a convocatoria de Inés Barbeito Gende coa selección española para os campionatos do mundo que se celebrarán en setembro en Montpellier (Francia).

 

Dende aquí felicitamola por esta merecidísima recompensa. ¡¡Seguro que aprende e desfruta moito desta nova experiencia!!

22/07/2014 Este fin de semana os nosos deportistas trouxeron para a casa 2 medaias individuais e 1 de relevos dos campionatos galegos absolutos:

Medaia de ouro en sprint: Inés Barbeito

Medaia de bronce en rescate con táboa: Inés Barbeito

Medaia de ouro do relevo de sprint: Ángela Pereiro, Antía García, Balbina Tarrío e Inés Barbeito

¡FELICIDADES A TODAS ELAS!

 

Na sección Resultados desta páxina xa se atopan estes e o resto de resultados do campionato.

19/07/2014 Hoxe comeza nas praias de Montalvo e de Baltar (para a proba de bandeiras) en Sanxenxo o Campionato galego senior de verán. Nel tomarán parte:

-Balbina Tarrío

-Inés Barbeito

-Uxía Candal

-Sara Gende

-Brais Becerra

-Ángela Pereiro

-María Pallas

-Ana Muíño

-Paula Gende

-Antía García

-Abel Fraga

-Martiño Ríos

Esperamos que realicen un bo papel na que é a última competición desta temporada.

 

Ademáis, encóntranse na sección Imaxes as galerías correspondentes aos campionatos galego e de España, nas que incluímos fotos cedidas por unha das nosas directivas Isabel Bermúdez.

17/07/2014 Xa se encontran dispoñibles para a súa descarga os resultados dos campionatos de España. Ademáis, nos próximos días colgaremos as galerías, tanto de este campionato coma do galego.

Ángela, Antía, Nerea e Inés coa sua medalla de plata
Ángela, Antía, Nerea e Inés coa sua medalla de plata

16/07/2014 Con un pouco de retraso, pero aquí estamos, para informar dos resultados do noso clube nos campionatos de España celebrados este pasado fin de semana na praia do Orzán na Coruña.

Conseguironse 2 medaias individuais (Inés Barbeito: 3ª en bandeiras e 1ª en sprint) e 1 de relevos (o equipo xunior femenino: 2º en relevo de sprint).

Ademáis de estes maravillosos resultados, outros dos nosos deportistas conseguiron puntuar ao quedar entre os 16 primeiros:

-Pablo Suárez: 10º en sprint

-Nerea Vilariño: 16ª en sprint

-Inés Barbeito: 12ª en carreira con táboa, 10ª en carreira con sky

-Brais Becerra: 15º en carreira con sky

-Ángela Pereiro: 5ª en bandeiras

-Martiño Ríos: 16º en bandeiras

-Relevo juvenil masculino: 5º en relevo sprint

E dende aquí queremos felicitar ó club SASA polo segundo posto que obtiveron na clasificación de mellor equipo xuvenil femenino.

 

11/07/2014 Mañan, día 12 de xullo, comezan na praia do Orzán na Coruña os Campionatos de España de categorías xuvenil e xunior que se desenvolveran ó longo de todo o fin de semana. Dende aquí manteremosvos informados dos resultados dos nosos deportistas aos que dende aquí lles desexamos que realicen un gran campeonato.

Inés co seu trofeo de mellor deportista galega
Inés co seu trofeo de mellor deportista galega

08/07/2014 A nosa deportista Inés Barbeito proclamouse mellor deportista galega xunior en praia do ano 2014 este pasado sábado trala conclusión do campionato galego celebrado na Coruña. Esto foi posible trala consecución de 4 medaias de ouro (sprint, carreira con táboa, carreira con sky, bandeiras) e 2 de bronce (correr nadar correr, oceanwoman); dende aquí queremos felicitala por estes boísimos resultados.

Ademáis, o equipo xunior acadou a terceira posición na clasificación de mellor equipo. E trala suma de todos os puntos conseguidos polos nosos deportistas, o CNC converteuse este ano no 3º mellor equipo galego en praia.

¡¡ENHORABOA A TOD@S ELES!!

Todos os resultados deste campionato xa se atopan na nosa web.

 

04/07/2014 Mañán celébranse, na praia do Orzán en Coruña, os Campionatos Galegos de categorías xuveníl e xunior. O CNC conta con todos os deportistas destas categorías dispoñibles. A continuación facilitamos unha lista deles e das probas individuas nas que tomarán parte:

-Antía García: sprint praia, carreira con táboa, bandeiras.

-Paula Gende: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, oceanwoman.

-Ana Muíño: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, bandeiras.

-María Pallas: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, bandeiras.

-Ángela Pereiro: sprint praia, carreira con táboa, bandeiras.

-Abel Fraga: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, bandeiras, oceanman.

-Martiño Ríos: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, bandeiras, oceanman.

-Pablo Suárez: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, bandeiras.

-Sara Gende: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, bandeiras, oceanwoman.

-Inés Barbeito: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, bandeiras, oceanwoman.

-Nerea Vilariño: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, bandeiras.

-Uxía Candal: carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, bandeiras.

-Damián Martínez: sprint praia, carreira con táboa, correr nadar correr, bandeiras.

-Brais Becerra: carreira con táboa, correr nadar correr, carreira con sky, oceanman.

 

¡¡Desexamoslle MOITA SORTE a tod@s eles!!

 

Os nosos deportistas en Santander
Os nosos deportistas en Santander

01/07/2014 Xa se encontran na nosa web os resultados dos Campionatos de España infantíl e cadete.

Lara López no podium de bandeiras
Lara López no podium de bandeiras

29/06/2014 Moi boas novas nos chegaron hoxe dende terras santanderinas, Lara López quedou subcampeona de España na proba de bandeiras e Jesús Rodríguez 12º na proba de sprint praia.

 

E tamen nos chegaron boísimas noticias dende Carballo, xa que Sofía Varela volveu a subir ó podium ao quedar 3ª en 100m libres.

 

¡¡ENHORABOA CAMPEÓNS!!

Sofía hoxe en Carballo tras proclamarse subcampeona galega
Sofía hoxe en Carballo tras proclamarse subcampeona galega

28/06/2014 Poñemos á disposición dos nosos usuarios os resultados do campionato de España da xornada de onte en piscina. Neles ai que destacar o noveno posto de Lara López e o décimo segundo posto de Daniel Regueiro en 50 maniquí aletas.

Con respecto á xornada de hoxe:

-Marta Rosende, 5ª en 50 maniquí aletas

-Daniel Regueiro, 10º en 50 Socorrista

-Ángel Fraga, 10º en 50 maniquí aletas

-Lara López, 6ª en 50 Socorrista

-Equipo cadete femenino, 6as en 4x50 nado con aletas

-Equipo infantil masculino, acadaron o récord galego rebaixando en 6 segundos a anterior marca

 

E cambiando por un momento de deporte... a nosa deportista Sofía Varela proclamouse hoxe subcampeona galega na proba de 100m espalda no campionato galego de natación alevín de verán que se celebra este fin de semana en Carballo.

 

¡¡FELICIDADES A TOD@S ELES!! Esperamos contar mañá novas tan boas como as de hoxe.

27/06/2014 Pódese seguir o Camp. de España infantíl e cadete en directo no seguinte enlace.

Beni e os rapaces nun dos útimos entrenamentos preparatorios para o campeonato
Beni e os rapaces nun dos útimos entrenamentos preparatorios para o campeonato

26/06/2014 Hoxe parte cara a Santander a expedición do CNC que tomará parte nos campionatos de España infantís e cadetes que se celebran os días 27, 28 e 29 de xuño. Os integrantes da mesma, a cargo de Beni (e coa axuda de Isabel Bermúdez e de Brais Becerra), son:

-Andrea Pichel

-Lara López

-Daniel Regueiro

-Carlos Fernández

-Dani Nieto

-Álex Suárez

-Ana García

-Marta Rosende

-Noelia Gestal

-Iria Becerra

-Paula Pallas

-Jacobo Rosende

-Miguel Regueiro

-Ángel Fraga

-Jesús Rodríguez

Dende aquí iremos informando dos seus resultados.

¡¡¡BOA VIAXE E MOITA SORTE!!!

24/06/2014 Atópanse dende hoxe, a disposición dos nosos usuarios, os resultados no campionato galego de sábado, así como a correspondente galería na nosa sección Imaxes.

22/06/2014 O CNC tomou parte, este sábado día 21, nos campeonatos galegos nas categorías alevín, infantíl e cadete; acadando a terceira posición na clasificación de mellor equipo galego en praia. A continuación, a relación de todos os logros obtidos nesta competición polos nosos deportistas:

-Antía Martínez: 3ª en carreira con nipper

-Daniel Estramil: 3º en slalon de costa

-Jesús Rodríguez: 3º en bandeiras, 1º en sprint praia

-Nerea Varela: 1ª en bandeiras

-Alejandro Suárez: 2º en bandeiras

-Andrea Pichel: 3ª en carreira con tabla

-Relevo alevín femenino: 1º no relevo de sprint praia

-Relevo infantíl femenino: 3º no relevo de sprint praia, 1º no relevo tubo de rescate

-Relevo infantíl masculino: 2º no relevo de sprint praia, 2º no relevo tubo de rescate

-Relevo cadete masculino: 2º no relevo de sprint praia

-Relevo cadete femenino: 3º no relevo tubo de rescate

-Equipo alevin: Mellor equipo galego

-Equipo infantíl: Terceiro mellor equipo galego

-Equipo cadete: Terceiro mellor equipo galego

¡¡FELICIDADES A TOD@S POLOS BOS RESULTADOS OBTIDOS!!

01/06/2014 A FESSGA informounos dun cambio de data do taller monográfico para poder competir a nivel nacional. Este curso pasarase a realizar os días 19, 20 e 22 de xuño.

29/05/2014 A FESSGA convoca un taller monográfico para poder competir a nivel nacional. Este curso esta dirixido os deportistas maiores de 15 anos, xa que este curso pasará a ser un requisito para aqueles rapaces con esta idade que querian tomar parte en competicións da RFESS. Na páxina da FESSGA podedes consultar as bases e descargar os formularios de inscripción. O plazo para inscribirse no curso remata mañá día 30 de maio.

29/05/2014 O pasado día 25 de maio, algúns dos integrantes do club tomaron parte na X Carreira popular pedestre da Silva (Cerceda). Se desexades saber máis sobre o ben que o fixeron os nosos rapaces podedes consultar os resultados da carreira e as galerías que poñemos á vosa disposición, unha na nosa sección Imaxes e outra aquí

Comentarios: 0

 

Club Natación Cerceda

Avda. González Laxe S/N, 15185, Cerceda (A Coruña)

Correo: cncerceda@hotmail.com

Facebook: www.facebook.com/cncerceda

 

 

 

 

Concello de Cerceda